Publicador de contidos

Publicador de contidos

Presentan unha trintena de denuncias por carreiras ilegais en Ourense

Presentan unha trintena de denuncias por carreiras ilegais en Ourense

A Garda Civil de Tráfico organizou un dispositivo de vixilancia en Castro de Beiro, onde hai frecuentes "quedadas" de condutores e público

A maioría das denuncias son por condución temeraria

G24.gal 09/11/2026 14:24

As carreiras ilegais na estrada de Castro de Beiro non son novas. 

"Cando está a Garda Civil enriba, collen medo e non volven. Pero cando marchan, volven vir", sinala un veciño.

Os propios veciños denunciaron a situación non tanto polas molestias que lles ocasiona a eles senón polo risco que supón.

"Xúntase bastante xente. Pícanse entre eles e anímanse coma se fose unha carreira, pero non é unha carreira". "É unha estrada con bastante curva, é estreita, o firme non está ben. É un perigo", explica Sindo, da asociación de veciños de Castro de Beiro.

Nesta última intervención, os axentes denunciaron 31 condutores. Algúns, por infraccións relacionadas coa manipulación das condicións técnicas dos vehículos, pero a maioría por condución temeraria, con sancións de 500 euros e seis puntos do carné.

"Vanse tramitar todas como denuncias administrativas. A liña da condución temeraria é unha liña moi fina entre o administrativo e o penal", di Javier Barja Álvarez, capitán xefe do Subsector de Tráfico de Ourense.

Se fosen tramitadas pola vía penal, poderían acarrexar ata seis anos de prisión e dez de retirada do carné.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade