As carreiras ilegais trasládanse en Lugo ás rúas do barrio de Abella
Os veciños gravaron estas competicións en que van en coches e motos a gran velocidade e mesmo co corpo por fóra do vehículo
Din que as quedadas son case a diario e que temen que haxa un accidente grave
A gran velocidade e co corpo por fóra da xanela. No vídeo gravado polos veciños vese perfectamente que se trata dunha carreira, danlles a saída, xiran nunha rotonda e chegan á meta.
"Son coches, motos, van a moita velocidade, fan derrapaxes...", afirma unha veciña.
Os veciños aseguran que as quedadas son case a diario, e algunhas mesmo a plena luz do día.
"Todos os días con eses ruídos, é horrible", di un veciño.
A situación preocúpaos. Temen que poida haber un accidente grave. O problema non é novo na cidade. En imaxes de hai uns meses vese outra quedada, esta no polígono das Gándaras.
"Que lles fagan un circuíto nas Gándaras ou no Ceao", di un home.
Os veciños reclaman máis vixilancia policial e máis sancións.