Publicador de contidos

Publicador de contidos

O proxecto de radio escolar transfronteiriza Ponte... nas Ondas! fai 30 anos

O proxecto de radio escolar transfronteiriza Ponte... nas Ondas! fai 30 anos

Coas novas tecnoloxías da comunicación conservan a esencia de afondar nas raíces comúns entre Galicia e o norte de Portugal

G24.gal 16/11/2026 14:40

Dos radiocasetes e os teléfonos de cable á radiovisual e os pódcasts, por Ponte... nas Ondas! foron pasando xeracións e espertando vocacións.

 "Dunha xornada experimental de radio interescolar entre escolas galegas portuguesas, nunha xornada especial pola inauguración dunha ponte entre Salvaterra e Monçao, ate hoxe. Os nenos e as escolas seguían demandado, o seguinte, outro máis e xa non houbo xeito de parar", conta Santiago Veloso, profesor e presidente de Ponte... nas Ondas!

 "Estou vencellados a este proxecto desde que teño trece anos. Comecei en Ponte nas Ondas facendo un obradoiro de radio escolar, en que nenos e nenas entrevistaban a portadores do patrimonio inmaterial, traballadores, artesáns. O máis importante e que ensina os nenos que o máis importante non é facer preguntas se non ter a capacidade escoitar", narra Xosé Manuel Diego, xornalista.

O proxecto de radio escolar transfronteiriza espertou vocacións en ensinou aos nenos a escoitar O proxecto de radio escolar transfronteiriza espertou vocacións en ensinou aos nenos a escoitar

"Esa transmisión do patrimonio que había nas lareiras, os contos ao lado da cociña de ferro, esa oralidade agora viaxa polos móbiles", engade 
Santiago Veloso, profesor.

A Unesco recoñeceu Ponte... nas Ondas! como modelo de boas prácticas para a transmisión do patrimonio.

Deseño de carteis, concurso de fotografía familiar, publicación de discos de música popular son algúns dos froitos de trinta anos de boa onda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade