Publicador de contidos

Publicador de contidos

Microsoft sofre unha caída global dos seus servizos, entre eles Outlook e Teams

Microsoft sofre unha caída global dos seus servizos, entre eles Outlook e Teams

Unha parte da infraestrutura experimentou unha "carga elevada" en "múltiples rexións", o que se traduciu en erros de conectividade, segundo explica a tecnolóxica

Servicios de Microsoft (Europa Press) Servicios de Microsoft (Europa Press)
G24.gal 13/11/2026 08:12 Última actualización 13/11/2026 08:43

Os servizos ofrecidos pola empresa tecnolóxica Microsoft, entre eles Microsoft Outlook e Microsoft Teams, sufriron este xoves unha caída global. Esta compañía, considerada a maior empesa de software do mundo, veu como as súas plataformas sufriron unha interrupción simultánea.

Nun primeiro momento, indentificáronse erros nos usuarios para acceder aos buzóns de Exchange Online, seu correo electrónico na nube en América. Pero máis tarde estes problemas comezaron a extenderse.

O portal especializado DowDetector, adicado a monitorizar este tipo de incidencias no mundo, detectou un pico de reclamacións ao redor da 13:00 (hora local) en varios servizos como no seu correo, Microsoft Outlook; en Microsoft 365, a súa nube na que integra Word, Excel ou Power Point; na súa plataforma de mensaxería e videoconferencias Microsoft Teams; e en Microsoft Copilot, a súa intelixencia artificial. 

Nunha mensaxe difundida a través de X, Microsoft alertou de que "o problema pode afectar a conectividade do servizo de Microsoft 365 para os usuarios de calqueira rexión". Ademais, o xigante tecnolóxico foi detallando o proceso no que avanzaban os seus técnicos para intentar resolver a situación, a cal aínda se segue investigando.

A empresa, na súa derradera publicación en X, aseguran que están probando "un cambio de configuración para abordar un problema que está causando que os servidores erren nas verificacións automáticas de saúde e se volvan non dispoñibles". Así mesmo, tamén iniciaron "un reinicio de todos os servidores afectados" e están "monitoreando a saúde a medida que regresan ao servizo".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar