Publicador de contidos

Publicador de contidos

O alcalde de Ribadumia denuncia unha suplantación da súa identidade para pedir cartos por teléfono

O alcalde de Ribadumia denuncia unha suplantación da súa identidade para pedir cartos por teléfono

David Castro pide que non se conteste a esas mensaxes nin se faga ningún ingreso ou transferencia, ademáis de non facilitar ningún dato privado ou bancario

David Castro. Concello de Ribadumia David Castro. Concello de Ribadumia
G24.gal 12/11/2026 21:07

O alcalde de Ribadumia, David Castro, denunciou ante a Garda Civil unha estafa pola cal suplantaron a súa identidade para solicitar diñeiro a través do teléfono.

Nunha mensaxe no seu perfil oficial de Facebook, o rexedor pide que non se conteste a esas mensaxes nin se faga ningún ingreso ou transferencia, ademáis de non facilitar ningún dato privado ou bancario.

"Non son eu", deixa claro.

De tal forma, David Castro pide estar alerta e compartir o aviso para evitar que ninguén poida caer neste engano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade