Publicador de contidos

Publicador de contidos

AEMET activa a alerta amarela por choivas na Coruña, Pontevedra e Ourense

AEMET activa a alerta amarela por choivas na Coruña, Pontevedra e Ourense

As precipitacións poderán deixar ata 40 litros por metro cadrado a primeiras horas 

Este xoves en Tui recolléronse 62 litros por metro cadrado de precipitacións

 

directo
G24.gal 13/11/2026 07:17

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou a alerta amarela por choivas nas provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense para este venres. Prevense acumulacións de precipitacións de ata 40 litros por metro cadrado.

A alerta chega despois das intensas chuvias deste xoves que deixaron no monte Aloia, en Tui, máis de 62 litros.

No conxunto de España, cinco comunidades autónomas están en aviso por choivas, vento e forte ondada. Mallorca está en nivel laranxa polas condicións do mar. Hai tamén avisos en Menorca, Eivisa, Formentera, Barcelona, Xirona, Tarragona e Valencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade