Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Local fai controis nas fins de semana na Gándara para evitar infraccións dos condutores

A Policía Local fai controis nas fins de semana na Gándara para evitar infraccións dos condutores

No asfalto do aparcadoiro pódense apreciar marcas de pneumáticos, froito de manobras indebidas

Ao cuartel da Policía Local de Ferrol chegaron nos últimos meses queixas de veciños

G24.gal 16/11/2026 13:34

Víctor, operario da empresa de limpeza, recollía esta mañá os restos da última quedada de condutores no aparcamento da zona empresarial da Gándara, no límite entre Ferrol e Narón. Asegura que na fin de semana xúntanse ducias de coches tuneados e aproveitando a presenza dun restaurante de comida rápida, comen e beben e ceiban todo no chan. Di que xa non organizan carreiras ilegais como hai anos. O que a el lle afecta é a cantidade de lixo que deixan tirado.

No asfalto do aparcadoiro pódense apreciar marcas de pneumáticos, froito de manobras indebidas. Ao cuartel da Policía Local de Ferrol chegaron nos últimos meses queixas de veciños. Para poñerlle freo, tanto a Policía Local de Ferrol como a de Narón están realizando controis periódicos., como explica José Antonio Chao, xefe da Policía Local de Ferrol.

Os controis esténdense a outras zonas como A Malata ou o polígono do Río do Pozo para evitar que as concentracións e manobras indebidas se despracen a eses lugares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade