Os sobreviventes do naufraxio en Oia: "Achegámonos á costa para evitar as candorcas"
Dous curmáns de nacionalidade francesa e belga sobreviviron esta fin de semana a un naufraxio co seu veleiro na costa de Santa María de Oia. Quedaron sen barco, sen roupa e no caso del sen papeis. Con todo malia o susto el segue querendo cruzar o Atlántico.
Os anacos do Chivas diluíronse no Atlántico tras encallar en Punta Centinela nas Mariñas de Santa María de Oia o pasado venres. Malia os esforzos dous curmáns e dos veciños só puideron recuperar os efectos persoais de Elise.
Navegaban moi preto desta costa de coídos para zafar das candorcas pero un cambio na dirección do vento rematou con eles nas pedras.
Custoulles dar a localización e acabaron botando bengalas. Garda Civil, Salvamento Marítimo e veciños entregáronse con eles, están moi agradecidos.
Elise volve o martes a París pero Ernest non renuncia á súa viaxe e pide axuda a través dun crowfunding na súa conta de instagram Pepito Enbateau.
Malia o susto que levaron están agradecidos pola axuda e por estar vivos e sans, non precisaron atención médica, agora só queda que Ernest sexa quen de completar a súa travesía cara ao Caribe.