Publicador de contidos

Publicador de contidos

Naufraga un barco en Cangas por un cabo que enganchou nunha hélice

Naufraga un barco en Cangas por un cabo que enganchou nunha hélice

Un golpe de mar salvou o home e a embarcación

G24.gal 27/10/2026 14:18

Naufraxio con final feliz en Cangas. Pouco antes das dez da mañá unha planadoira que andaba á nécora acabou encallada en punta Couso en Cangas.

Afortunadamente un golpe de mar deixou á embarcación e o seu tripulante, un veciño de Aldán de 49 anos na próxima praia do portal.

Gustavo andaba as nécoras nesta costa agreste de Punta Couso a bordo da súa embarcación: a María Luisa, unha lancha tipo planadora de catro metros de eslora cando rematou nas pedras porque a hélice se enleou con un cabo.

O seu amigo Álvaro Castro que pescaba noutra embarcación similar puido alertar a emerxencias antes de que outro golpe de mar lle arrebatase o móbil.

Finalmente un golpe de mar levou a Gustavo e a súa embarcación a veciña praia do Portal case ileso malia o susto.

Ata o lugar achegáronse por mar a Patrulleira Corvo Mariño da Garda Civil, o buque Irmáns García Nodal de Garda Costas da Consellería do Mar e tamén Policía Local e Protección Civil.

Máis alá das doce da mañá a embarcación e o náufrago aínda continuaban na praia pola gran dificultade de acceso por terra ata o lugar. Xa que unha propiedade privada restrinxiu o acceso e a entrada polo exterior é moi completa a pé con rochas e mato imposible para un tractor ou unha ambulancia; tal e como veciños e xente do mar levan denunciando hai anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade