Un ferido nunha das quedadas ilegais no polígono do Campiño
Un espectador resultou ferido nun pé na celebrada esta fin de semana
A un dos participantes na carreira ilegal reventóulle a roda e perdeu o control do vehículo
As marcas das rodas quedaron gravadas no asfalto tras a carreira ilegal deste venres no polígono pontevedrés do Campiño. Desta volta, un dos espectadores, un mozo de Pontevedra, resultou ferido nun pé cando un dos participantes perdou o control do seu vehículo.
"Un mozo pois que debe ir ás quedadas comentou que a un amigo del lle rebentara unha roda ou lle saíra unha roda ou algo así raro lle pasara", comparte un veciño
Aínda que o atropelo non foi grave si precisou a intervención do 061 e o traslado do mozo ao hospital de Pontevedra. Este suceso abre o debate sobre os riscos destas quedadas ilegais para os propios participantes, para os espectadores e tamén para os veciños da zona.
"Porque nese momento no se pode vir. O que teña un pouco de conciencia, a que vén"
"O problema é cando marchan, porque marchan por aí abaixo coma avións ou soben de Pontevedra para arriba coma avións", apuntan outros
Lamentan que non haxa máis presenza policial.
"Supoño que non virán moito porque senón non organizarían estas cousas".
"Todos os venres á noite, pero vaia todo o mundo ten coñecemento diso menos parece ser que a Garda Civil que non sabe nada".
"É de traca, ás 12 da noite, á 1 da mañá isto aquí é de película".
Un dispositivo especial da Garda Civil denominado operación Platillo rematou este verán con case un cento de denuncias por condución temeraria, pero non foron quen de disuadir nin os participantes nin os espectadores que quedan no polígono case todas as fins de semana.
"O venres e o sábado escóitase, e hai clientes que se queixan que non poden durmir ben polo son que se escoita"
Un son de ruxido de motor nocturno e sempre montañas de lixo ao día seguinte.