Publicador de contidos

Publicador de contidos

A venda a granel como fórmula para reducir os residuos de envases de plástico

A venda a granel como fórmula para reducir os residuos de envases de plástico

Cada español xera máis de 41 quilos de residuos de envases de plástico ao ano

G24.gal 25/09/2026 20:51

Levar da casa o noso envase de plástico á tenda de produtos de limpeza do fogar é un xesto que vai máis aló do acto de mercar.

"Tes o teu propio bote, reutilízalo. Tes un pouco de conciencia de utilizar menos plástico", di unha usuaria.

"Non estamos en contra del (o plástico) senón a favor dun uso consciente do plástico que sexa dabondo, pero non excesivo", puntualiza Daniel Rocha, responsable da tenda La Revolución de los Graneles.   

A venda a granel permite reutilizar cantas veces se queira. O número de usos é inesgotable, dinnos nestoutra tenda:

"Fago o próximo día 1 cinco anos coa teda aberta. Teño xente que vén desde o principio e esa xente ten os envases desde o principio", asegura Mónica Galán de La Casa Verde e+ Biopompas.

"Na familia temos bastante conciencia do medio ambiente e de consumir pouco plástico e grazas ao boca a boca coñecimos esta tenda", di outro usuario. Porque non se trata só de reutilizar senón tamén de reducir o consumo de plásticos. "

"Sabemos que estes envases aínda que os tires ao colector correcto en España recíclase menos do 10% así que ao final acaban en incineradoras, ou no mar ou soterrados", destaca Mónica Galán.

"Nós cando fixemos 4 anos o plástico que aforramos daba para cubrir a praia das Lapas enteira e daba aínda para facer unha alfombra de dous metros (de ancho) dende a praia das Lapas ata a Torre de Hércules", describe Daniel Rocha.  

Cada español xera máis de 41 quilos de residuos de envases de plástico ao ano. Unha cifra moi superior á media europea, segundo datos de Eurostat de 2025. Amais, calcúlase que cada español consome case 23 quilos de plástico dun só uso ao ano.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade