Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno amplía o grao de Veterinaria a 6 anos

O Goberno amplía o grao de Veterinaria a 6 anos

A ampliación responde á necesidade de adaptar a normativa española ás modificacións introducidas pola Directiva 2013/55/UE

A Fundación Estatal de Sindicatos Veterinarios (FESVET) xa reclamou o ano pasado esta extensión

G24.gal 25/11/2026 21:35

O Goberno ampliou o grao de Veterinaria de cinco a seis anos, despois de que o Consello de Ministros dera luz verde ao proxecto de orde pola que se establecen os requisitos para a verificación dos plans de estudo conducentes á obtención dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Veterinario.

Con esta modificación, os plans de estudo desenvolveranse a tempo completo e cunha duración de seis anos na que se integrará "de maneira equilibrada e progresiva a ensinanza teórica, práctica e clínica".

A actuación da Orde ECI/333/2008 responde á necesidade de adaptar a normativa española ás modificacións introducidas pola Directiva 2013/55/UE, a partir das cales se reforzou o enfoque competecial e a movilidade profesional na formación veterinaria, e a Directiva Delegada (UE) 2025/1223, a cal revisa e ampía os coñecementos e capacidades mínimos esixidos para esta profesión.

Esta última directiva tamén incorpora conceptos esenciais como o uso responsable de medicamentos veterinarios, a integración do enfoque "Unha soa saúde", a sostenibilidade, a transdisciplinariedade, a dixitalización e xestión de datos, así como ferramentas e técnicas de diagnóstico e laboratorio. Ademais refórzase a atención á saúde pública, a hixiene e a seguridade alimentaria, o benestar e a protección dos animais, así como a necesidade de dotar aos titulados de competencias que permitan abordar de forma eficaz os retos científicos e sociais nunha contorna de constante evolución.

Esta ampliación xa foi reclamada pola Federación Estatal de Sindicatos Veterinarios (FESVET) o ano pasado. Tamén esixían que a formación para a profesión de veterinario, os coñecementos, as habilidades e as actitudes que deben adquirir os novos graduados, tales como as competencias en materia de protección e promoción da saúde das persoas nos ámbitos de saúde pública e comunitaria, se desenvolvan de maneira adecuada.

FESVET, en definitiva, reclamaba "dotar aos estudantes de Veterinaria dunha formación práctica que lles permita alcanzar un nivel competencial óptimo, ser competitivos en todos os aspectos e mellorar os actuais estándares de calidade na ensinanza".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade