Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os EUA autorizan a SpaceX a lanzar un millón de satélites para o primeiro centro de datos no espazo

Os EUA autorizan a SpaceX a lanzar un millón de satélites para o primeiro centro de datos no espazo

Para o presidente da Comisión Federal dos Estados Unidos, Brendan Carr, esta medida reforza o liderado do país e o seu crecemento no ámbito da intelixencia artificial

Lanzamento dun cohete de SpaceX. Gene Blevins/ZUMA Wire/dpa (Arquivo) Lanzamento dun cohete de SpaceX. Gene Blevins/ZUMA Wire/dpa (Arquivo)
G24.gal 25/11/2026 20:21

A Comisión Federal de Comunicacións (FCC) dos Estados Unidos concedeu a primeira autorización da súa historia a SpaceX, compañía aeroespacial de Elon Musk, para lanzar un millón de satélites e crear a primeira constelación de centros de datos no espazo.

"Neste momento crucial para o desenvolvemento da superintelixencia (IA) no país (norteamericano), a FCC outorgou a SpaceX a autorización para despregar un millón de módulos informáticos orbitais, destinados a procesar cantidades masivas de datos que se utilizarán aquí, na terra", di nun comunicado da axencia estadounidense.

Para o presidente da comisión, Brendan Carr, esta medida reforza o liderado estadounidense e o seu crecemento no ámbito da intelixencia artificial.

"Ao trasladar a capacidade de procesamento máis aló da Terra, SpaceX e os numerosos competidores que desenvolven os seus propios centros de datos orbitais están a responder ás esixencias deste momento histórico", expresou.

Así mesmo, a Comisión Federal de Comunicacións continúa avaliando outras propostas de centros de datos orbitais e ten previsto emitir decisións sobre cada unha delas o máis axiña posible, conforme os procedementos habituais da axencia.

"Moi agradecido. Isto será un gran activo para América e o mundo", respondeu o conselleiro delegado de SpaceX, Elon Musk, ao comunicado emitido por Brendan Carr.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade