Case un cuarto dos universitarios españois están afectados polo subemprego
O 80 % dos titulados en Criminoloxía e Turismo rematan en traballos moi diferentes
Crece a opción das FP en Galicia, con 9 de cada 10 alumnos que encontran traballo directo
Cerca dun cuarto dos universitarios españois traballa nun posto por debaixo da súa cualificación, o que se coñece como subemprego.
Os peores datos atópanse nas carreiras de Turismo e Criminoloxía. Máis do 80% dos que as cursan remata traballando en postos que non teñen nada que ver cos seus estudos.
Os alumnos din que é unha mágoa, pois son carreiras moi interesantes para o resultado que acaban tendo no mundo laboral.
Outro caso similar é o de Dereito ou Administración e Dirección de Empresas, que tamén conta cunha empregabilidade baixa. Así, as mellores opcións son as da especialización ou a de opositar.
A xestora de ofertas de emprego, Ania Valladares, explica que a especialización é a mellor destas pois "é verdade que se estás especializado nunha cousa é posible que teñas un campo extra".
Así, conseguir un título universitario non é garantía de conseguir un traballo e en comunidades coma Galicia xa gaña peso a opción da Formación Profesional (FP), que conta con 251 titulacións agora.
Eugenia López, directora xeral, explica que a empregabilidade nas FP é moi alta, pois 9 de cada 10 alumnos atopan traballo de maneira directa. Esta estadística aumenta no caso da formación dual intensiva
Os expertos aseguran que a escolla da titulación estando informados é chave, pois hai que ter en conta as saídas reais que pide o mercado, evitando así frustracións futuras.
Valladares recomenda que a orientación chegue nos institutos, antes de escoller carreira para evitar arrepentimentos unha vez se teña escollida a titulación.