Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xogo do amigo invisible, unha tradición que segue volvendo

O xogo do amigo invisible, unha tradición que segue volvendo

Moitos seguen tendo un detalle secreto polo Nadal entre familiares, nun grupo de amigos ou no traballo

Cada persoa merca un só agasallo e ninguén queda sen recibir un

G24.gal 08/12/2025 21:11 Última actualización 08/12/2025 21:42

As orixes do xogo do amigo invisible atópanse, segundo a teoría á que se atenda, nas lendas nórdicas ou na Venezuela de hai un século, e hai quen se remonta ao tempo dos romanos.

En todo caso, nos últimos anos semella que son moitos os que decidiron recuperar o amigo invisible, xa sexa en familia, nun grupo de amigos ou no traballo.

Son días de pensar diante dun escaparate. Percíbese decontado na rúa.

"Pensas na persoa á que che toca facer un agasallo e fas o que podes"

E tamén hai quen pensa diante dun escaparate coa particularidade de estar exercendo de amigo invisible de alguén.

"Ao final depende de quen che toque, algúns son máis coñecidos, outros menos".

Pero dubidar forma parte de ser amigo invisible, un xogo que semella moi vivo.

"Eu vou xogar no colexio, cunhas compañeiras. Levamos tres ou catro anos facéndoo".

"Dende que empecei a traballar, sempre había un amigo invisible na oficina".

"Certo é que, se tes que facer moitos agasallos, está ben. Pos un límite pequeno e todo o mundo ten".

Mais o aforro non é a única aprendizaxe do amigo invisible. 

"Cada un ten que sacar un nome, e han de gardar o segredo, algo que a algúns lles custa traballo".

Unha das teorías sitúa a orixe do amigo invisible en Suecia. Relaciónano coa tradición de petar nunha porta e deixar os agasallos, como sentíndose elfos, invisibles.

"Ao final sempre sabes quen che fai o agasallo, así que pouco amigo invisible acaba sendo".

Ao fin e ao cabo, sempre ten o valor do detalle.

"Polos cartos que pos, tampouco vai se unha marabilla. Pero, oes, hai xente que ten moito enxeño e traballa as cousas".

É outra forma de maxia, aínda que haxa quen só queira agardar pola maxia dos Reis Magos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade