Cargando resultados...
Unha furgoneta envorca na AP-9 preto de Santiago e esparexe a carga de cervexa que transportaba
O vehículo quedou atravesado e houbo que cortar a circulación nun carril
O accidente foi á altura de Oroso en sentido Compostela
G24.gal
11/03/2026 17:48
Unha furgoneta envorcou na AP-9, á altura de Oroso, concello limítrofe con Santiago. O vehículo de repartición circulaba en sentido Compostela cando parece que lle rebentou unha roda.
Como consecuencia do accidente quedou atravesada na estrada e parte da carga que transportaba, cervexa, quedou esparexida pola calzada.
Mentre non retiraron a furgoneta sinistrada un dos carrís estivo cortado. Por sorte non houbo feridos.