Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feridas tres persoas tras un choque múltiple na A-8 en Ribadeo

Feridas tres persoas tras un choque múltiple na A-8 en Ribadeo

A Garda Civil investiga se o accidente se produciu por un condutor kamikaze

O golpe foi tan forte que saíu desprendido o motor dun dos turismos

Así quedou un dos vehículos implicados no choque múltiple
G24.gal 29/04/2026 08:49

Tres persoas quedaron feridas este mércores por un sinistro viario na A-8 en Ribadeo, en que se viron implicados tres vehículos. Dous deles colidiron e, como consecuencia do impacto, saíu desprendido o motor dun dos turismo e impactou contra un terceiro vehículo que circulaba pola vía.

Dúas das vítimas tiveron que ser liberadas polos bombeiros do parque comarcal de Barrreiros.

O golpe foi tan forte que saíron desprendidos os motores. A Garda Civil investiga se o accidente se produciu por un condutor kamikaze.

O sistema eCall alertou do sinistro

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron no punto quilométrico 514 da autovía A-8, ao seu paso pola parroquia da Devesa, pasadas as 5:30 horas.

Foi o sistema automático eCall dun dos turismos o que alertou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, aínda que o xestor de emerxencias non logrou establecer comunicación directa coas persoas do interior do coche. 

Dous dos ocupantes tiveron que ser liberados

Pouco despois, un dos propios implicados contactou de novo para avisar de que se atopaba atrapado no habitáculo do seu coche debido aos danos sufridos polo vehículo.

Mobilizáronse os Bombeiros de Barreiros, o 061, a Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil de Ribadeo.

Unha vez no punto, os bombeiros tiveron que excarcerar dous dos ocupantes, un de cada coche, que permanecían atrapados no interior dos seus automóbiles. Trátase dun home de 31 anos e unha moza de 21. Unha terceira persoa precisou asistencia médica.

O accidente obrigou a cortar a A-8 en sentido Asturias, á altura do barrio da Campa entre os km 506 e 516. Reabriu a vía ás 10:40 horas desta mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade