Publicador de contidos

Publicador de contidos

OpenAI anuncia que non sairá á bolsa este ano polos riscos da IA

OpenAI anuncia que non sairá á bolsa este ano polos riscos da IA

Altman salientou que a matriz tecnolóxica aínda ten "moitas cousas que facer respecto ao que se requirirá para a seguridade e a aliñación"

O CEO de Anthropic pide "baixar o ritmo" de desenvolvemento da IA

Imaxe de arquivo. EuropaPress Imaxe de arquivo. EuropaPress
G24.gal 13/09/2026 22:41

O CEO de OpenAI, Sam Altman, anunciou que a tecnolóxica creadora de ChatGPT non sairá á bolsa este ano ante os riscos de seguridade que presentan os modelos avanzados de intelixencia artificial. "Sería un momento pouco aconsellable para saír ao mercado bolsista", afirmou.

"Tendo en conta todo o que está a ocorrer en materia de seguridade, agora mesmo sería un momento pouco prudente para saír á bolsa. Non sentimos presión para facelo", explicou o director executivo de OpenAI nunha entrevista coa revista 'Fortune'".

Altman salientou que a matriz tecnolóxica aínda ten "moitas cousas que facer respecto ao que se requirirá para a seguridade e a aliñación", á vez que insistiu en que a compañía está disposta a tomar decisións "contrarias ao beneficio financeiro inmediato" dos seus investidores para "salvagardar" o control humano sobre a tecnoloxía.

O CEO de OpenAI tamén recoñeceu que a compañía estivo ralentizando algúns procesos de adestramento e cualificou de "inaceptable" calquera escenario no que exista unha posibilidade do 10% dunha catástrofe derivada da falta de control sobre softwares de intelixencia artificial.

"Todos temos unha enorme responsabilidade e non podemos permitir que os egos, os incentivos económicos, nin outros factores se interpoñan no camiño", subliñou Altman.

O CEO de Anthropic pide "baixar o ritmo" de desenvolvemento da IA

Nesta mesma liña, o conselleiro delegado de Anthropic, Dario Amodei, avogou por "baixar o ritmo" de desenvolvemento da intelixencia artificial e advertiu de que se corre o risco de "perder o control" desta tecnoloxía e provocar "ataques informáticos", "bioterrorismo" ou "problemas económicos graves".

"Debemos baixar o ritmo ao que melloramos as capacidades dos modelos de IA. Os avances seguirían sendo rápidos e aproveitariamos sabiamente o tempo que gañariamos", afirmou Amodei nun texto publicado este sábado no seu blog.

Alén destes ataques informáticos, poderían producirse "bioterrorismo" ou  "graves problemas económicos" se hai un desenvolvemento "imprudente" da IA. E pon como exemplo o risco de que a IA tome o control da internet nun prazo de entre 6 e 12 meses. Por iso propón medidas de seguridade e normativa sen deixar de ter "éxito comercial".

"Hai que dar prioridade á cautela sobre a velocidade e á prudencia sobre o beneficio", remachou.

En concreto propón medidas tales como unha "avaliación incorporada" por parte de actores independentes, "coordinación democrática" coas institucións públicas e "coordinación global" que axunte os esforzos dos países democráticos e os autoritarios a nivel mundial.

"Estou de acordo con Dario en que temos que poñer couto á fronteira. Este foi o principal tema de debate das últimas semanas en OpenAI", explicou Altam este sábado nos seus perfís de redes sociais. "Imos facer o mesmo. Pronto daremos máis información", indicou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos