Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan o home en patinete eléctrico que fuxiu tras ferir unha ciclista en Baiona

Buscan o home en patinete eléctrico que fuxiu tras ferir unha ciclista en Baiona

A muller, de 62 anos e nacionalidade estadounidense, chegou a perder o coñecemento

Segundo a Policía Local, polo momento o condutor non está nin identificado nin localizado

G24.gal 12/09/2026 13:35 Última actualización 12/09/2026 15:25

Unha ciclista de 62 anos e nacionalidade estadounidense quedou ferida este sábado en Baiona tras bater contra un patinete eléctrico que circulaba en sentido contrario polo carril bici e fuxiu tras o accidente.

O sinistro produciuse ás 10:53 horas á altura do quilómetro 19 da estrada PO-552 na parroquia de Baredo. A muller circulaba cun grupo de turistas en dirección ao concello de Oia.

Tras a colisión, caeu ao asfalto, perdeu o coñecemento e sufriu feridas de diversa consideración. Unha ambulancia de soporte vital básico do municipio trasladouna ata o hospital Álvaro Cunqueiro.

A vítima participaba nunha ruta polo Camiño Portugués da Costa en sentido inverso. O grupo, que leva varios días percorrendo Galicia en bicicleta, chegara o venres a Baiona.

"Unha clienta nosa circulaba polo carril bici e un home en patinete eléctrico que ía en dirección contraria e non prestaba atención bateu con ela. A muller caeu ao chan, golpeou a cabeza, perdeu o coñecemento e agora vai camiño do hospital", relata David, o guía da empresa estadounidense Vermont Bike Tours que acompaña o grupo.

Segundo a Policía Local de Baiona, polo momento o condutor do patinete non está nin identificado nin localizado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade