Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres persoas feridas e 50 desaloxadas no incendio de Benahavís, en Málaga

Tres persoas feridas e 50 desaloxadas no incendio de Benahavís, en Málaga

Tamén se decretou o confinamento preventivo do centro urbano da localidade

Un helicóptero na zona incendiada. EFE/Juan Carlos Domínguez Un helicóptero na zona incendiada. EFE/Juan Carlos Domínguez
G24.gal 13/09/2026 22:26

Tres persoas quedaron feridas este domingo no incendio forestal de Benahavís (Málaga), onde se decretou o desaloxo de 50 residentes e o confinamento preventivo do centro urbano da localidade, de 9.500 habitantes. As lapas avanzan cara ao municipio de Pujerra.

O conselleiro de Presidencia, Sanidade e Emerxencias da Xunta de Andalucía, Antonio Sanz, facilitou estes datos sobre a evolución dun lume que cualifica de "complexo", polos refachos de vento e a velocidade de propagación.

Un dos feridos foi trasladado ao hospital rexional de Málaga con queimaduras, un operario do plan andaluz contraincendios Infoca sufriu danos nun pulso e unha terceira persoa por inhalación de fume.

A fase de emerxencia situación operativa 1 do plan andaluz contraincendios mantense activada dende as 13:41 horas e a estrada de acceso a Benahavís está cortada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos