Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia dá o salto europeo na loita contra o cancro co Centro de Coidado Integral

Galicia dá o salto europeo na loita contra o cancro co Centro de Coidado Integral

Non vai ter sede física, implica un cambio no modelo asistencial priorizando o traballo conxunto de todos os equipos e os hospitais de Galicia

O proxecto está preseleccionado para integrarse na rede europea de centros de excelencia no tratamento contra esta enfermidade

"Unha oportunidade de tratamento non pode depender dun código postal", asegura o presidente da Xunta

O presidente da Xunta e o conselleiro de Sanidade posan cos doutores que participaron na presentación do Centro de Coidado Integral do Cancro de Galicia (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 30/04/2026 15:04

O Centrol Integral do Coidado do Cancro de Galicia é un dos 14 designados en España para formar parte da rede europea de excelencia no tratamento contra esta enfermidade.

O xefe de servizo de oncoloxía en Vigo, Martín Lárazo, explica que se busca potenciar o traballo conxunto: "mellorar os resultados en saúde e a experiencia do paciente con cancro, integrando a asistencia, a formación a investigaión e a innovación"

O novo centro sitúa Galicia á vangarda europea e traerá beneficios para os pacientes. "O verdadeiro reto non é avanzar é reducir o tempo en que un descubrimento científico se converte nunha opción de tratamento real", asegura  Rosario García, xefa de servizo de oncoloxía na Coruña-Cee.

O centro será tamén unha escola onde formar os pacientes. "Onde se forme de cara a decisións terapéuticas que debe tomar, os sintómas e as complicacións que lle poden surxir e sobre hábitos saudables que debe instaurar no seu estilo de vida", afirma Mercedes Suárez, paciente de cancro e investigadora. 

Alfonso Rueda asegura que o obxectivo final é conseguir tratamentos pioneiros para todos: "Unha oportunidade de tratamento non pode depender dun código postal ou de se vives nun sitio ou noutro". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade