Cargando resultados...
O rei Filipe VI sométese a unha operación de cataratas en Oviedo
A intervención, de carácter rutineira, resolveuse en media hora e o monarca pasou a noite no centro oftalmolóxico
O monarca á saída do Intituto Oftalmolóxico Fernández-Vega. EUROPA PRESS
G24.gal
25/10/2026 08:36
Última actualización 25/10/2026 10:39
O rei Filipe VI someteuse este sábado pola noite a unha operación de cataratas no seu ollo esquerdo en Oviedo, no norte de España, informaron fontes da Casa Real.
A intervención, de carácter rutineira, comezou sobre as 21:30 horas e resolveuse en media hora. Así e todo, o monarca pasou a noite no Instituto Oftalmolóxico Fernández-Vega.
A operación tivo lugar tras a visita de tres días que os reis e as súas fillas realizaron a Asturias co gallo da entrega dos Premios Princesa de Asturias.
Filipe VI coa súa familia en Llanes este sábado. EFE/Ballesteros