Cargando resultados...
A Confraría de Pescadores Santa Ana de Llanes: Pobo Exemplar de 2026
Felipe VI e Letizia, acompañados pola princesa Leonor e a infanta Sofía, entregaron o premio a unha institución con orixe na Idade Media
EFE/ Ballesteros
G24.gal
24/10/2026 13:19
A Confraría de Pescadores Santa Ana de Llanes recibiu este sábado o galardón ao Pobo Exemplar de 2026 como parte das celebracións polos Premios Princesa de Asturias.
Felipe VI e Letizia, acompañados pola princesa Leonor e a infanta Sofía, entregaron o premio a unha institución con orixe na Idade Media.
Recibe o galardón polo seu traballo "pola sustentabilidade, a innovación, a solidariedade, o estudo e a difusión da cultura pesqueira, e a eficiencia no seu modelo de xestión", segundo a Casa Real.