Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ceuta prepárase para recibir a Filipe e Letizia, a primeira visita duns reis en 19 anos

Ceuta prepárase para recibir a Filipe e Letizia, a primeira visita duns reis en 19 anos

Con esta visita, os monarcas amosan a súa solidariedade co pobo ceutí dous meses e medio despois da entrada masiva de migrantes

A axenda inclúe unha homenaxe aos máis de 140 migrantes falecidos cando tentaban entrar a nado na cidade autónoma

O monarca di sentirse moi ilusionado con esta viaxe

O Presidente de Ceuta Juan Jesús Vivas, durante a recepción cos reis, a princesa Leonor e a infanta Sofía, con motivo do día da Festa Nacional (Raúl Terrel/Europa Press)
G24.gal 13/10/2026 06:59

Ceuta agarda con moitas ganas a visita dos Reis á cidade autónoma, unha visita histórica que se produce 19 anos despois da realizada por Xoán Carlos e Sofía en 2007 e pasados dous meses e medio da entrada masiva de migrantes procedentes de Marrocos.

Con esta viaxe, a Coroa pretende trasladarlle á sociedade ceutí o seu apoio tras a crise rexistrada este verán. Os reis chegarán ás 12:30 horas ao Concello, onde serán recibidos polo presidente Jesús Vivas e outras autoridades locais.

Os reis pernoitarán en Ceuta por primeira vez en democracia

Na visita, os reis recibirán as chaves da cidade e manterán un encontro cos membros do Consello de Goberno. Despois, visitarán o Colexio Vicente Aleixandre da Cidade Autónoma e, contra as seis da tarde, participarán nun acto ecuménico de homenaxe ás persoas que faleceron no mar os días 30 e 31 de xullo, no cemiterio musulmán de Sidi Embarek, onde están enterrados a maioría dos 140 migrantes que perderon a vida no mar eses días.

A axenda dos reis en Ceuta pecharase cun encontro coa sociedade ceutí ás 19:00 horas no Parador, onde está previsto que o rei pronuncie unhas palabras.

Os reis pasarán a noite en Ceuta, algo nunca ocorrido en democracia. De alí, dirixiranse o mércores a Melilla, onde teñen previsto visitar a Asemblea, o colexio de Educación Infantil e Primaria Pintor Eduardo Morillas e manter un encontro con representantes da sociedade civil.

Nestas visitas a Ceuta e Melilla, que foron acordadas co Goberno, os reis non estarán acompañados polo presidente do Goberno Pedro Sánchez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade