Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home acusado de matar a outro nun edificio ocupado en Cangas

Detido un home acusado de matar a outro nun edificio ocupado en Cangas

O arrestado ten 60 anos e o falecido 52 e ambos os dous son veciños da localidade

No mesmo inmoble, a medio construír, apareceu o pasado ano unha muller falecida

O edificio ocupado na rúa Atranco O edificio ocupado na rúa Atranco
G24.gal 25/10/2026 09:37 Última actualización 25/10/2026 10:05

A Garda Civil detivo un home de 60 anos acusado de matar a outro, de 52, nun edificio ocupado a medio construír na rúa Atranco, no concello de Cangas. Ambos os dous son veciños da localidade.

A Policía Local recibiu unha chamada ás 22:15 horas deste sábado por unha pelexa entre dous individuos no interior do inmoble. Ao chegar ao lugar, toparon os dous homes ensanguentados que, segundo os axentes, sofren toxicomanía.

Nos primeiros rexistros realizados non toparon ningunha arma. Neste mesmo edificio, ocupado por persoas sen fogar ou con problemas de adicción, o ano pasado apareceu unha muller falecida.

Colchóns e outros avíos no interior do inmoble Colchóns e outros avíos no interior do inmoble
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade