Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha colisión fai que un coche caia ao río e deixa catro feridos en Negreira

Unha colisión fai que un coche caia ao río e deixa catro feridos en Negreira

Un deles foi evacuado en helicóptero

G24.gal 29/04/2026 22:02 Última actualización 29/04/2026 23:26

O accidente ocorreu arredor das 19:30 horas, no quilómetro 0 da DP-5602. Segundo indicaron varios particulares, producírase unha colisión frontal e un dos dous coches implicados caera ao río.

Os xestores do 112 Galicia mobilizaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o helicóptero medicalizado con base en Santiago, os Bombeiros de Santa Comba, o GES de Brión, a Garda Civil de Tráfico e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negreira.

Os implicados xa se atopaban fóra dos vehículos trala chegada da dotación de bombeiros. Os tres ocupantes do vehículo que caera ao río tiveron que ser trasladados, un deles en helicóptero en estado grave. No outro coche, que logo do impacto se fora contra un muro, só había unha única persoa, que tamén precisou ser evacuada ata o hospital de referencia.

No operativo tamén participou a Policía Autonómica, que se atopaba na zona no momento do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade