Excarceran unha condutora que se foi da vía co seu coche en Barreiros
A muller, de mediana idade e veciña de Burela, foi trasladada ao hospital
Imaxe cedida polos Bombeiros de Barreiros
Os efectivos do parque de Barreiros encargáronse de liberar a muller, condutora e única ocupante do vehículo, que foi atendida e posteriormente trasladada en ambulancia ao hospital.
Foi un condutor que pasaba polo lugar o que deu aaviso aos servizos de emerxencias ao ver o coche envorcado fóra da estrada ao carón dunha árbore.
Aconteceu dez minutos antes das tres da madrugada, no quilómetro 573 da N-634, á altura da parroquia de Celeiro de Mariñaos no concello de Barreiros.
De inmediato, desde o 112 Galicia activouse un operativo no que, ademais dos profesionais sanitarios, participaron os Bombeiros de Barreiros, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.
A muller, de case 40 anos é veciña de Burela. Tras ser excarcerada foi trasladada ao hospital en ambulancia.
Imaxes cedidas polos Bombeiros de Barreiros