Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ata tres persoas feridas nun incendio en Vigo, unha delas de gravidade

Ata tres persoas feridas nun incendio en Vigo, unha delas de gravidade

Un particular alertou ao 112 Galicia sobre os feitos, explicou que a parte baixa do edificio estaba en chamas e había persoas pedindo axuda 

Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital as tres persoas feridas

G24.gal 25/04/2026 11:04

Polo menos tres persoas resultaron feridas, unha delas de gravidade, tras producirse un incendio nun edificio situado na rúa Cesáreo González, en Vigo.

Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia sobre os feitos, pasadas as 01.20 horas da madrugada. Ademais, explicou que a parte baixa do edificio estaba en chamas e que había persoas pedindo axuda no interior.

A asociación de veciños da Freixeira realizará unha mainifestacion este luns para buscar unha solución co probema que, según eles, está a suceder, no seu barrio. Argumentan que desde hai dous meses, o edificio da rúa Cesáreo González utilizábase supostamente para consumir.

Os responsables do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros e a Policía Nacional e Local de Vigo.

Os bombeiros municipais extinguiron as chamas, que queimaron lixo e entullos acumulados na planta baixa e no ático do edificio.

Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital as tres persoas feridas, unha delas, unha señora, en estado grave polas queimaduras. Actualmente, xa acabou a inspeccíon ocular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade