Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido un gandeiro na Fonsagrada cando evacuaba o gando dunha nave que sufriu un incendio

Ferido un gandeiro na Fonsagrada cando evacuaba o gando dunha nave que sufriu un incendio

No suceso cedeu a cuberta e sufriron queimaduras unha decena de xatos

(TVG)
G24.gal 23/04/2026 15:33

Un granxeiro quedou ferido nun incendio na súa explotación da Fonsagrada mentres evacuaba o gando da nave afectada. No suceso cedeu a cuberta e sufriron queimaduras unha decena de xatos.

O incendio prendeu nunha palleira, nos rolos de herba seca, e afectou a unha nave de gando de vacún de carne situada na parroquia da Veiga de Logares. Viviron momentos de moita tensión mentres tentaban evacuar o gando.

Tamén o fillo do propietario da granxa resultou ferido nun brazo cando tentaba poñer os animais a salvo e foi evacuado a un centro médico. 

O incendio mobilizou os bombeiros de Barreiros, o Grupo de Emerxencias da Pontenova e malia Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade