A Policía Nacional detén un clan familiar dedicado a trata de mulleres en Vigo
A investigación comezou o ano pasado tras varios incidentes nun conocido piso de citas da cidade, como o falecemento dunha das mulleres que residía no lugar
No piso traballaban numerosas mulleres, na súa maioría extranxeiras, mozas e sen apoio familiar ou social
En Vigo, axentes da policía nacional detiveron a tres mulleres como presuntas responsables dun clan familiar dedicado a trata de seres humanos con fins de explotación sexual.
A operación, levada polos axentes da UCRIF da Comisaría de Vigo-Redondela en coordinación coa Comisaría Xeral de Extranxería e Fronteiras e coa colaboración da Fiscalía de Vigo, resultou dunha investigación iniciada o ano pasado tras varios incidentes nun conocido piso de citas da zona centro da cidade, como o falecemento dunha das mulleres que residía no lugar.
O pasado 24 de marzo, os axentes entraron ao inmueble, un piso que funcionaba as 24 horas do día, e no que traballaban numerosas mulleres, na súa maioría extranxeiras, mozas e sen apoio familiar ou social.
Na intervención, os axentes realizaron entrevistas coas mulleres encontradas no piso, co fin de coñocer a súa situación persoal e identificar posibles indicios de explotación, e así poder activar as medidas de protección e asistencia previstas no Protocolo Marco sobre vítimas de trata de seres humanos e explotación sexual.
A UCRIF determinou que o clan familiar exercía control absoluto sobre as vítimas, apropiándose do 50% dos beneficios obtidos por cada servicio, ademais de expoñelas a clientes que, as veces, estaban baixo efectos de sustancias estupefacientes.
Asemade, esta operación chegou ata Madrid, onde culminaron coa detención de outras dúas persoas vinculadas á rede.
As tres detidas en Vigo están baixo disposición xudicial como presuntas autoras dos delitos de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, prostitución coactiva, delito contra os dereitos dos ciudadanos extranjeros e pertenza a organización criminal.