Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos dous menores pola morte dunha anciá amordazada en Burgos

Detidos dous menores pola morte dunha anciá amordazada en Burgos

A muller de 83 anos, que tamén tiña as mans atadas, faleceu por insuficiencia respiratoria

Unha empregada do fogar topou o corpo da vítima o pasado martes no interior do seu piso

A policía científica no edificio da falecida. EUROPA PRESS/Tomás Alonso A policía científica no edificio da falecida. EUROPA PRESS/Tomás Alonso
G24.gal 17/10/2026 14:53 Última actualización 17/10/2026 15:26

A Policía Nacional detivo este venres dous menores de idade, de 16 e 17 anos, como supostos autores da morte dunha muller de 83 anos que o martes apareceu amordazada e coas mans atadas no seu piso en Burgos.

Tras prestar declaración durante a madrugada, os arrestados pasaron ao dispor da Fiscalía de Garda, que deberá decidir sobre o seu ingreso nun centro de menores como medida cautelar, explica a Policía Nacional nunha nota de prensa.

Unha empregada do fogar localizou o cadáver no interior da vivenda, situada no barrio de Gamonal. Segundo as primeiras pescudas, os sospeitosos accederon ao inmoble coa intención de roubar.

De acordo co resultado da autopsia, a vítima faleceu por insuficiencia respiratoria ao non poder acceder ao aparello de osíxeno que precisaba no seu día a día, xa que estaba inmobilizada. O seu corpo non presentaba outros signos de violencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade