Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inaugúrase en Oleiros o Paseo Pepe Mújica, dedicado ao expresidente do Uruguai

Inaugúrase en Oleiros o Paseo Pepe Mújica, dedicado ao expresidente do Uruguai

O tramo, aberto ao público desde hai dúas semanas, conecta Beiramar co límite de Cambre e forma parte do paseo que une os municipios da contorna da ría do Burgo

A obra contou cun investimento duns cinco millóns de euros, financiados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica

G24.gal 17/10/2026 15:03

O falecido expresidente do Uruguai José Mujica dá nome, desde este sábado, ao paseo marítimo da zona do Paraíso, no municipio de Oleiros, na ría da Coruña.

O tramo, aberto ao público desde hai dúas semanas, conecta Beiramar co límite de Cambre e forma parte do paseo que une os municipios da contorna da ría do Burgo. A obra contou cun investimento duns cinco millóns de euros, financiados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. O acto contou coa presenza do embaixador do Uruguai en España.

Bernardo Greiver do Hoyo, subliñou os "lazos" entre o Uruguai e Galicia con movementos migratorios ao longo da historia, que agora quedan plasmados nun sitio que é "como el o soñase", pois serve como "lugar de convivencia social, de encontro".

A exvicepresidenta uruguaia e compañeira de Mujica, Lucía Topolansky, a través dun vídeo, agradeceu "de corazón" a homenaxe e lembrou os vínculos entre galegos e uruguaios ao longo da historia.

Máis de trescentas persoas acudiron á inauguración do paseo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar