Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 97% do desperdicio alimentario provén dos fogares, por iso cómpre buscar solucións

O 97% do desperdicio alimentario provén dos fogares, por iso cómpre buscar solucións

A lei do desperdicio alimentario puxo de manifesto a urxencia de loitar contra este problema que prexudica a economía, pero tamén o medio ambiente

En España logramos reducilo un 20 % nos últimos cinco anos, pero queda moito por facer

As familias concentran o maior volume deste desperdicio, o 97 por cento do total

G24.gal 17/10/2026 15:30 Última actualización 16/10/2026 22:03

O desperdicio alimentario reduciuse un 20 % desde 2020, pero cada ano aínda tiramos ao lixo unha media de 24 quilos de comida por persoa. A gran batalla contra as sobras está nos fogares, a solución: a cociña de aproveitamento. 

Reutilizar as sobras en novos pratos favorece o aforro e evita que a comida acabe no lixo. Facer croquetas, torradas ou 'chascos', como nos conta Roberto Filgueira do restaurante O Balado.

O seu restaurante levou hai uns días un recoñecemento simbólico da Consellería do Medio Rural pola súa loita contra o desperdicio alimentario.

Unha das ferramentas eficaces contra o desperdicio de alimentos son aplicacións coma Too Good to Go que permite darlle á comida unha segunda oportunidade antes de tirala, como explica o seu responsable de comunicación, Carlos García.

O usuario pode mercar excedentes de comida de supermercados, panaderías, froiterías e restaurantes a prezos reducidos de ata o 50% ou 75%.

Os paquetes para os usuarios son sorpresa porque dependen do excedente que cada día teña o negocio, pero en contra do que poida parecer, funciona, como nos conta Ricardo Castro, Director de RSE e Calidade de Vegalsa-Eroski, un dos grandes hipermercados que tamén atopamos dentro da aplicación Too Good To Go.

As grandes superficies levan anos traballando nesta loita e agora ademais obrigados pola Lei de derperdicio alimentario, como relata Ricardo Castro, Director de RSE e Calidade de Vegalsa-Eroski.

Que podemos facer para evitar o desperdicio alimentario na casa? Facer unha lista da compra, ordenar a neveira e acudir a plataformas que nos venden excedentes alimentarios e coas que, ademais de colaborar con esta causa, axúdannos a aforrar cartos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade