Recupérase o uso das landras na cociña polas suas propiedades nutritivas
Na prehistoria xa era un alimento básico, de supervivencia, pero o trigo relegouno da nosa gastronomia polo proceso que leva desamargalo.
As landras son un alimento altamente nutritivo, que volve á cociña con propiedades antioxidantes
De sabor semellante ao centeno, cun certo amargor. É un alimento altamente nutritivo con propiedades antioxidantes e antinflamatorias.
"É rico en hidratos de carbono, proteínas, vitamina C, D, E, en calcio e magnesio, é moi nutritivo", explica Xosé Martínez, encargado de dar un obradoiro sobre o uso da landra na cociña no centro social da Hedreira de Lugo.
As landras ou belotas volven as nosa gastronomía. Usamolas para facer fariña e logo elaborar pan, tortas ou doces, tamén como acompañamento para carnes coma as castañas.
"As landras secas poden aguantar un ano, pero non se poden comer asi, teñen moitos taninos" engade Xosé Martínez.
Hai que desamargalas lavándoas ou cocéndoas. Neste obradoiro aprenden todo o proceso e a cociñalas.
"Eu non sabía que se podían comer", comenta unha das mulleres que asisten a este obradoiro.
Pero o certo é que é un alimento de supervivencia que xa se usaba na prehistoria.
"Alimenta e sacia moito, e ten un sabor moi rico", comenta outra das participantes no obradoiro.
A introducción do trigo relegaron o uso da belota na cociña. Sen taninos, facil de almacenar e de mellor panificación polo glute, a belota quedou coma forraxe para o gando ata agora que se está a recuperar o seu uso culinario