Cargando resultados...
Comezan as obras da alta velocidade entre Lisboa e Porto
Este AVE conectará Portugal con Galicia pero non se conta que chegue á nosa comunidade antes do 2033
G24.gal
12/10/2026 22:04
Botan a andar en Portugal as obras que unirán o país luso con Galicia por alta velocidade.
Os traballos comezan na liña que vai do Porto a Lisboa, as dúas principais cidades do país.
Nesta primeira fase construirase un tramo de 71 quilómetros desde O Porto ata a estación de Oiã, no distrito de Aveiro. Agárdase que este tramo inicial estea rematado no ano 2030.
A previsión para que a alta velocidade chegue desde O Porto a Lisboa apunta ao 2032.
O tempo de viaxe será dunha hora e 15 minutos.
O goberno luso recoñece que o AVE de Portugal a Galicia non chegará antes do 2033, se se cumpre o escenario máis optimista.