As empresas que venden leña andan a tope repartindo as encargas entre os particulares que se aprovisionan para o inverno
As empresas que venden leña andan a tope repartindo as encargas entre os particulares que se aprovisionan para o inverno
Co envellecemento da poboación cada vez hai máis xente nas aldeas que merca a leña
Unha empresa de Trasmiras dedícase a cortar, secar, e rachar a madeira para vendela xa lista para queimar
A clientela que xa é fixa, adoita reservar xa dun ano para outro
Aínda non vai frío neste outono, pero antes de que chegue toca preparar a leña para quentar a casa no inverno.
Esta manchea de leña en Trasmitas xa ten donos e donas. A clientela habitual encarga a leña con antelación e agora esta empresa está repartindo os últimos pedidos.
"Nesta época estamos distrtibuíndo a última leña por repartir. A xente cando ve a leña aquí, di que quería leña, pero dígolles que esa xa está reservada", explica José Carlos Rodríguez Pérez, o propietario de Madeiras Trasmiras
A leña que quentará as casas este inverno comezou a prepararse a principios de ano, cando fan as cortas de xaneiro a abril, e logo seca no verán. Por idade ou falta de tempo cada vez hai máis xente que merca.
"O noso perfil de cliente é xente maior, pero tamén é verdade que temos tamén algunha xente nova. a Leña levámoslla no tector ou en camión e nxa vai, picada e rachada xa preparada para queimar", asegura Susana Fernández Duarte, propietaria de Madeiras Trasmiras
É o caso de Margarita, ao envellecer o seu marido xa non poden cortar a madeira. Di que está moi contenta co servizo da empresa, e ademais é máis económico que o gasoil.
"Xa a levo comprando uns 15 anos ou máis. É moito máis económica. E se ti lla pides de 40 centímetros, de 40, se a pides de 20, de 20 ou de 10. O gasoil agora mesmo súbese polas nubes e aparte éche outra calor", afirma Margarita, veciña de Trasmiras.
"Normalmente lévaslles unha viaxe ou dúas que o que levan, e dinme anóitame xa para o ano, pois dous ou un", indica o propietario de Madeiras Trasmiras
Un negocio baseado na confianza e na calidade. Para os particulares toda é leña de carballo porque din arde náis lentamente e mantén mellor a calor no fogar.