Publicador de contidos

Publicador de contidos

No máis cru do inverno, dispárase a demanda de leña de carballo

No máis cru do inverno, dispárase a demanda de leña de carballo

O combustible máis natural para combater o frío véndese a uns 80 euros o metro cúbico

Unha muller bota unha acha de carballo nunha caldeira de leña
Félix Aragunde. Imaxe: Jorge Pereira. 08/01/2026 19:52

Un camión de leña chega a unha casa no rural e descarga oito metros cúbicos de achas de carballo. A escena é habitual estes días de frío en numerosos fogares galegos, como nos contan nunha vivenda de Begonte.

"Decidimos apostar pola leña porque é a enerxía que temos máis preto, pero precisamos combinar coa leña mercada porque ás veces non nos dá tempo a cortar toda a que deberiamos ou acumúlasens a verde coa seca. Cremos que é unha calor completamente diferente do gasóleo. Nós notamos que nos quenta máis a casa e que a calor se mantén máis tempo. A verdade é que estamos encantados", sinala Laura Pardeiro, compradora de leña para o seu fogar. 

O carballo seco véndese a uns 80 euros o metro cúbico. Se provén dunha árbore nova, é a leña que mellor arde, polo que resulta idónea para combater as baixas temperaturas propias desta época do ano.

"Para considerarse leña seca ten que botar un ano picada nun sitio a cuberto onde lle dea ben o aire. Con doce meses picada e secada, a leña está perfecta para o seu consumo", explica Juan Carlos Fernández, vendedor de leña. 

A semiseca e a verde de carballo son outras das leñas con maior demanda no mercado, xunto coa mestura de bidueiro, salgueiro e ameneiro. Para quentar unha vivenda unifamiliar, son precisos como mínimo dez metros cúbicos para todo o inverno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade