Cargando resultados...
A ponte deste 12 de Outubro remata este luns cun 80 % de ocupación hostaleira de media en Galicia
En Santiago de Compostela os hoteis estiveron completos
G24.gal
12/10/2026 13:47
Desde América do sur, Asia, Escandinavia. A Santiago, turistas e peregrinos chegan de todas partes. Case non hai acento que non se escoite estes días nin foto que quede por facer.
Hai historias como a de Oskar, que é sueco, saiu desde Edimburgo, navegando co seu grupo. Pasaron por Dublín e chegaron ao porto de Vigo. Di que está fascinado coa arquitectura de Santiago e coa cultura galega. Tamén houbo moitas persoas doutros puntos da península que aproveitaron a ponte para facer o camiño.
Para a maioría, este baño de beleza na zona vella de Santiago é a última parada antes de regresar á vida ordinaria.