Moitos galegos celebran a Hispanidade en Portugal
O Porto, Braga ou Viana do Castelo, os destinos elixidos para esta fin de semana longa
A gastronomía lusa é un dos maiores ganchos para os visitantes frecuentes
Portugal é un dos destinos preferidos polos galegos especialmente para estancias curtas, coma esta ponte. As localidades do norte: o Porto, Braga ou Viana do Castelo concentran a maioría das persoas que cruzan a fronteira. Visitas culturais, gastronómicas ou para facer compras son as motivacións principais do turista galego que enchen esta fin de semana as vilas do país veciño.
É un destino clásico para milleiros, por non dicir millóns, de galegos que dispoñen duns días para facer unha viaxe. Para excursións en grupo, coa familia ou de forma individual, calquera xeito é idóneo para facer unha escapada. As cidades do norte do país, por proximidade, son as que primeiro se enchen de galegos.
Vimos da Coruña e estamos aquí ata o luns á noite. Mañá imos ata o Porto.
Vimos polo menos unha fin de semana ao mes. Está moi bo tempo e a comida é moi boa.
Sempre hai algún motivo para coñecer Portugal de primeiras e tamén para repetir a visita. É un país rico en atractivos turísitcos, de índole monumental, cultural, mercantil e gastronómico. Co que nos une ademais un pasado común.
"Pero se isto é Galicia! Era noso!
"E polo bacallau! Sen dúbida, polo bacallau
Para estancias longas, curtas ou de paso, sempre nos quedará Portugal.