Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gabriel Rufián repetirá como cabeza de cartel de Esquerra Republicana

Gabriel Rufián repetirá como cabeza de cartel de Esquerra Republicana

Anunciouno ERC nun comunicado difundido este domingo

Pecha a porta a encabezar a candidatura de unidade das esquerdas

Eduardo Parra/Europa Press (Arquivo) Eduardo Parra/Europa Press (Arquivo)
G24.gal 11/10/2026 12:20 Última actualización 11/10/2026 13:04

O actual voceiro de ERC no Congreso, Gabriel Rufián, repetirá como cabeza de cartel do partido independentista nas eleccións xerais do 29 de novembro. Así o anunciou ERC nun comunicado difundido este domingo, no que concreta que "a decisión formalizarase hoxe nunha reunión da executiva nacional do partido".

A formación presidida por Oriol Junqueras engade na súa breve nota de prensa que "ao longo dos vindeiros días concretaranse os detalles da candidatura mediante a celebración dos diferentes congresos rexionais". 

O próximo 20 de outubro ERC validará de forma definitiva, tras os correspondentes procesos internos, as candidaturas ao Congreso e ao Senado.

Alianzas co resto da esquerda

A dirección de ERC sempre expresou a súa vontade de que Rufián fose o candidato. Así o trasladou o propio Junqueras esta mesma semana ao defender que se trata do "mellor candidato" que ten o partido e asegurar que "seguro que será candidato por Esquerra Republicana".

Pola súa banda Gabriel Rufián insitiu durante este tempo na necesidade de tecer alianzas co resto da esquerda no conxunto do Estado, unha estratexia que non comparte a cúpula de ERC. Isto levouno a reclamarlle "un mínimo de condicións" á dirección para aceptar encabezar de novo a lista,

Mentres, o voceiro adxunto de ERC no Parlament e persoa de confianza de Junqueras, Jordi Albert, iniciou a recollida de avais para integrarse na candidatura da Cámara Baixa. Con este movemento, a dirección asegurábase unha alternativa en caso de que Rufián rexeitase finalmente liderar o cartel electoral. 

Rufián manifestou a través da rede social X a súa disposición a ser o candidato de ERC, pero precisou que prefería facelo "acompañado doutras forzas de esquerdas e antifascistas" porque "isto sós non se gaña".

"Eu quero representar a Esquerra Republicana. E estou intentando facelo cunhas mínimas condicións para podermos enfrontarnos con suficientes garantías e coraxe ao que vén", escribiu o político.

Durante a espera, a Fronte Ampla abriulle as portas da súa candidatura públicamente. Fixérono tanto a exalcaldesa de Barcelona, Ada Colau como o voceiro de Comuns e aspirante á alcaldía da capital catalá, Gerardo Pisarello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade