Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esquerra Republicana e EH Bildu acordaron que volverán presentarse como coalición nas eleccións para o Senado

Esquerra Republicana e EH Bildu acordaron que volverán presentarse como coalición nas eleccións para o Senado

Apostan por repetir unha coalición da que din que xa demostrou a súa utilidade para defender "os intereses de ambos os pobos e das súas maiorías sociais"

Preséntanse como "unha alternativa capaz de plantarlle cara ao bloque reaccionario e que sitúe no centro as necesidades da cidadanía"

Imaxe de Arquivo. Alejandro Martínez Vélez / Europa Press Imaxe de Arquivo. Alejandro Martínez Vélez / Europa Press
G24.gal 10/10/2026 09:10

Esquerra Republicana e EH Bildu acordaron que volverán presentarse como coalición nas eleccións do 29 de novembro para o Senado co obxectivo de unir forzas en defensa dos dereitos de vascos e cataláns, ampliar as coberturas sociais e facerlle fronte ao "bloque reaccionario".

Así o anunciaron este sábado nun comunicado conxunto que aposta por reeditar a coalición ao Senado coa que concorreron aos comicios de 2023, xa que "a unión de forzas deu os seus froitos durante as últimas lexislaturas".

ERC e EH Bildu valoraron a súa colaboración nesta cámara e apostaron por continuar cunha fórmula conxunta que, ao seu xuízo, demostrou a súa utilidade para defender "os intereses de ambos os pobos e das súas maiorías sociais".

"Ante a ameaza que suporía un Goberno do bloque reaccionario no Estado, as esquerdas soberanistas vasca e catalá teñen claro que o próximo 29 de novembro hai partido. E que é posible gañalo, aínda que para facelo é necesario sumar forzas, unir vontades e poñer por diante aquilo que comparten os nosos pobos: a defensa dos seus dereitos, dunhas condicións de vida dignas e da súa capacidade para decidir o seu futuro", explican no comunicado.

EH Bildu e ERC consideran que "esta conxuntura histórica esixe altura de miras e responsabilidade para construír unha alternativa que "sitúe no centro as necesidades da cidadanía" fronte a "calquera interese partidista".

Neste contexto, destacan a "emerxencia habitacional" como un dos principais problemas actuais e comprométense a facer todo o que estea na súa man para contribuír a garantir o dereito á vivenda e defender a quen sofre as consecuencias desta situación.

"A liberdade das nosas nacións e a ampliación dos dereitos da cidadanía son obxectivos que merecen todo o esforzo compartido", conclúen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade