Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxada a praia de El Guano en Ceuta, o último grande asentamento dos migrantes

Desaloxada a praia de El Guano en Ceuta, o último grande asentamento dos migrantes

Máis de 500 persoas migrantes vivían neste asentamento

Para o vindeiro martes está programada a vista dos reis

EFE/Reduan
G24.gal 11/10/2026 10:25 Última actualización 11/10/2026 11:11

A Policía Nacional acudiu a primeira hora deste domingo á praia de El Guano para desaloxar o último grande espazo que quedaba en Ceuta con tendas ilegais, onde pemanecían máis de 500 persoas migrantes, das máis de 70.000 que entraron o 30 e 31 de xullo. Tres autobuses trasladaron parte das persoas acampadas ao Centro de Atención Temporal de Estranxeiros, onde se procede á súa filiación e posterior recolocación en dispositivos de acollida temporal mentres se tramitan as solicitudes de asilo. Algunhas delas fuxiron polos montes da contorna.

As persoas migrantes que eludiron o control policial son conscientes da elevada probabilidade de que as súas peticións de asilo sexan denegadas, o que implica unha orde de expulsión de España cunha prohibición de entrada de cinco anos. Por este motivo, moitos elixen o retorno voluntario para non pechar a porta a un regreso legal no futuro. Entre as persoas que permanecían en El Guano, hai arredor dun cento de menores de idade, que se manifestaron recentemente no lugar para reclamar o seu ingreso en centros de acollida.

O desaloxo de El Guano non implica a retirada total das persoas migrantes da vía pública. Centos de cidadáns marroquís seguen a deambular por barriadas como El Príncipe ou Los Rosales e outros permanecen agochados en zonas montañosas ou residen en pisos que as autoridades españolas están a desmantelar de forma progresiva.

Nas actuacións previas realizadas nas praias de Benítez e do Trampolín foron trasladadas unhas 1.700 persoas. Agás os menores e algúns adultos, a maioría optou por regrear ao seu país de orixe.

Este desaloxo prodúcese a só dous días da visita dos Reis  que presidirán unha homenaxe en Ceuta ás persoas que morreron no mar na entrada pola fronteira do Tarajal.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade