Publicador de contidos

Publicador de contidos

Christa Pike recibe a alta logo de sobrevivir a dúas inxeccións letais nos EUA

Christa Pike recibe a alta logo de sobrevivir a dúas inxeccións letais nos EUA

Como resultado da súa execución frustrada, ten un coágulo sanguíneo nun brazo, pneumonía e non pode tragar

O estado de Tennesee suspendeu os axustizamentos neste 2026 tras fallar dúas veces este ano na aplicación da pena

Pike no corredor da morte no 2007. USA TODAY NETWORK vía REUTERS Pike no corredor da morte no 2007. USA TODAY NETWORK vía REUTERS
G24.gal 11/10/2026 08:53 Última actualización 11/10/2026 10:14

Christa Pike, a presa estadounidense de 50 anos que sobreviviu tras recibir dúas inxeccións letais en Tennesee hai dez días, recibiu a alta do hospital.

Segundo informan os seus avogados, a muller foi trasladada de novo ao Centro Debra K. Johnson de Nashville, o principal presidio feminino neste estado.

"Está agradecida cos equipos de emerxencia e o seu equipo médico pola atención recibida nestas circunstancias extraordinarias", aseguran os letrados nun comunicado.

Pilke seguirá recibindo atención médica na prisión. Como resultado da súa execución frustrada, ten un coágulo sanguíneo nun brazo, desenvolveu pneumonía e non pode tragar.

O día 30 de setembro a muller sobreviviu a dúas inxeccións de pentobarbital, o que obrigou a interromper o axustizamento e a ingresala nun hospital, onde estivo varios días inconsciente.

Entrada a unha vista para dar conta da saúde de Pike. REUTERS/Seth Herald Entrada a unha vista para dar conta da saúde de Pike. REUTERS/Seth Herald

Bill Lee, gobernador de Tennessee, suspendeu as execucións previstas para o que queda de 2026 por mor do incidente. Polo momento, non se aclarou se solicitará unha nova orde para aplicarlle a pena capital a Pike.

Tennessee executou 17 reclusos desde o restablecemento do axustizamento nos Estados Unidos en 1977, segundo datos do Centro de Información sobre a pena de morte, unha organización que recompila estatísticas deste tipo de sentenzas en todo o país.

Actualmente, 42 persoas atópanse no corredor da morte neste estado que non logrou consumar este ano dúas execucións mediante inxección letal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade