Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro persoas morren en Alabama e na Florida tras o paso da tormenta Isaías

Catro persoas morren en Alabama e na Florida tras o paso da tormenta Isaías

Tras tocar terra como furacán de categoría 2, segue o seu avance polos EUA como ciclón postropical

Un camión envorcado en Gulf Breeze, na Florida. REUTERS/Marco Bello Un camión envorcado en Gulf Breeze, na Florida. REUTERS/Marco Bello
G24.gal 11/10/2026 08:17 Última actualización 11/10/2026 09:56

A tormenta Isaías deixa polo momento catro persoas mortas ao seu paso polos Estados Unidos, segundo confirman as autoridades dos estados da Florida e de Alabama. 

"Esta tormenta trouxo fortes ventos por toda Alabama, derrubando árbores, deixando sen electricidade e causando algúns danos. Desafortunadamente, tamén soubemos que dous cidadáns perderon a vida. Estou a rezar polos seus seres queridos", escribe a gobernadora deste estado, Kay Ivey, nunha mensaxe en X.

Na Florida, faleceron outras dúas persoas, unha atrapada baixo unha árbore que caeu sobre unha vivenda e outra no seu garaxe, que estaba pechado cun xerador en funcionamento. 

Isaías, que tocou terra como furacán de categoría 2 a última hora do venres na franxa noroccidental da Florida, continúa o seu avance polos EUA rebaixado a ciclón postropical. 

Este domingo podería deixar fortes precipitacións e ventos de ata 80 quilómetros por hora no sueste, na costa atlántica e no medio oeste. No estado de Alabama, o máis afectado ata agora, máis de 853.000 persoas están sen subministración eléctrica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade