Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aprehendidas 3 toneladas de cocaína e 4 fusís nunha casa rural de Guadalaxara

Aprehendidas 3 toneladas de cocaína e 4 fusís nunha casa rural de Guadalaxara

A Garda Civil detivo oito persoas acusadas de integrar unha organización criminal dedicada ao tráfico de drogas

Usaban a vivenda de almacén e unha nave próxima como punto de distribución en coches cun dobre fondo

G24.gal 11/10/2026 11:03 Última actualización 11/10/2026 11:56

A Garda Civil detivo oito membros dunha organización criminal dedicada ao tráfico de drogas que tiña a sede central de almacenamento nunha casa rural de Guadalaxara, onde escondían case tres toneladas de cocaína.

Tras pasaren á disposición xudicial, sete dos oito detidos ingresaron en prisión, segundo informa a benemérita nun comunicado. Na operación, aprehendéronse ademais de catro fusís de asalto. 

A investigación iniciouse coa vixilancia da casa e dunha nave situada na mesma provincia onde sospeitaban que se estaba a traficar con estupefacientes.

Nun primeiro momento, localizaron un coche con dobre fondo onde había 55 quilos de cocaína e un camión con 90 paquetes ocultos no interior dun semirremolque, cun peso aproximado de 99 quilos.

Grazas ás pescudas, determinaron que a vivenda estábase a usar como lugar de almacenamento e a nave, como punto de distribución. No seu interior, ocultábase a droga en vehículos con dobre fondo para trasladala despois a diferentes puntos de España e de Europa.

No rexistro da casa rural, incautáronse de 2.775 quilos de substancia branca que deu positivo no test de cocaína, de catro fusís de asalto Kalashnikov, de oito cargadores, de varios móbiles e de tres vehículos, un deles con 28.000 euros en efectivo agochados.

A investigación correu a cargo da Policía Xudicial da Garda Civil das Comandancias de Madrid e de Guadalaxara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade