Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis bandas de música do norte de Portugal compiten no certame galego

Seis bandas de música do norte de Portugal compiten no certame galego

O concurso reúne en Pontevedra un total de 17 formacións e un milleiro de instrumentistas

G24.gal 11/10/2026 13:41 Última actualización 11/10/2026 14:21

Ao redor dun milleiro de instrumentistas de 17 bandas, 11 galegas e 6 do norte de Portugal, pasan esta fin de semana polo Pazo da Cultura de Pontevedra. Precisamente Pontevedra é a provincia galega con máis formacións deste tipo, a metade do centenar que hai federadas en toda Galicia.

"Hai moita afección e moito apoio público e sentimento de pertenza na parroquia ou nos concellos. Por exemplo, en Lalín ou en Cerdedo Cotobade que teñen as súas bandas. Hai tamén competencia, como no caso de Bandeira, Silleda, Lalín, coas catro bandas que teñen", conta Iván estévez, presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

Dispoñen  dunha hora para demostrar o traballo de case todo un ano. E aínda que hai temas obrigatorios,  gozan de certa liberdade para escoller repertorio.

"Hai pasodobres tradicionais, que normalmente é a obra de presentación. Como na federación temos un conscurso de composición, son obras moi modernas, cunha sonoridade moi moderna, semellan bandas sonoras, son moi descritivas e axudan a que a xente que non é afeccionada á música pense que non é "aburrida", explica Iván estévez, presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

A  composición das bandas é moi variada. En xeral, toda xente nova: a idade media está por debaixo dos 30 anos. As infantís teñen uns 25 membros e as máis grandes superan o centenar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade