Profesionais instrumentistas reivindican o bo momento que vive o sector en Galicia
A Escola de Artes e Oficios de Vigo acolleu o 3º encontro de lutieres organizado pola asociación LABRA
Vigo acolleu esta fin de semana o terceiro Encontro Profesional Galego de Construción de Instrumentos Musicais, organizado pola asociación LABRA.
José Catoira é un dos lutieres que participan no foro. A súa traxectoria é un exemplo do proceso de internacionalización que está a vivir o sector.
Empezou en Ribadavia no 1999 e agora traballa nun par de violinos fabricados con madeira de nogueira que van para o seu obradoiro de Cremona, en Italia, o lugar de maior prestixio na construción de instrumentos de música antiga.
Lorena Reinaldo, especialista en harpa céltica, tamén aposta polas madeiras autóctonas na costrucion dos seus instrumentos, unha tendencia cada vez máis estendida na lutería galega.
O encontro celebrouse na Escola de Artes e oficios de Vigo, que foi centro de formación non regrada para profesionais A aprobación esta semana dun novo título de FP especializado na construcion de instrumentos vén a crubrir unha vella demanda do sector.
"Valorámolo moi positivamente porque moitos de nós somos lutieres que nos quixemos formar, pero non viñamos dunha tradición de luthería. E ás veces é moi complicado atopar unha escola na que obter esa formación", asegura Marcos Domato, vicepresidente de Asociación profesional galega de construción de instrumentos musicais (LABRA).
En Galicia hai agora mesmo arredor de 90 obradoiros de lutería, un oficio que, segundo din desde o propio sector, está a vivir un momento de efervescencia.