Publicador de contidos

Publicador de contidos

As luces do Nadal, o Black Friday e a ponte festiva en Portugal enchen as rúas de Vigo

As luces do Nadal, o Black Friday e a ponte festiva en Portugal enchen as rúas de Vigo

Esta fin de semana de novembro xúntase o Black Friday, as luces e o festivo do martes en Portugal, que deixa disfrutar aos nosos veciños lusos dunha ponte de catro días

G24.gal 28/11/2026 20:58

Este sábado o centro de Vigo foi un fervedoiro de xente. Xuntáronse as luces do Nadal, os descontos do Black Friday e unha ponte festiva en Portugal que trouxo a moitos veciños do norte do país ata Galicia. E a todos estos factores hai que engadir que despois dunha mañá de moita auga, á tardiña case non choveu. 

Os festivos de Nadal, a ponte da constitución en decembro, o día do prendido das luces e esta fin de semana son os doce días de afluencia alta prevista polo Concello de Vigo. Esta fin de semana de novembro xúntase o Black Friday, as luces e o festivo do martes en Portugal, que deixa disfrutar aos nosos veciños lusos dunha ponte de catro días.

Pero a pouco que un se adentre en calquera rúa do centro, baixo os leds, afloran os turistas.

Porque de novo houbo moito tráfico, sempre fluído, e os aparcadoiros do centro ensinaron o cartel de competo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade