O Black Friday pon a proba as empresas de paquetería
O reto para as empresas de transporte é darlles saída a todos os pedidos mentres manteñen o repartimento de cada día
Nestes días o movemento dispárase no centros loxísticos de repartimento. Móvense máis paquetes e todo ten que seguir funcionando ao mesmo ritmo. Os seus responsables din que nun día de actividade normal están en doce mil vultos e por exemplo a véspera do Black Friday poden ir a trinta mil envíos ao día.
Mentres uns se clasifican, outros xa están listos para saír. A campaña do Black Friday é unha das máis esixentes do ano para o sector, ata o punto de que o reforzo tanto en vehículos como en persoal supera o vinte por cento.
Os que máis notan ese aumento nas vendas son os que pasan máis horas ao volante, porque igual que medran as vendas, tamén o fai a presión por cumprir os prazos.