O gasto medio no Black Friday cae a 175 euros por persoa
Sete de cada dez galegos pensa comprar algún produto nesta campaña de descontos
Descontos que van do 20 ao 50 % do prezo de moitos produtos.
"Xa estou aproveitando os descontos". "Este ano non compro nada", din dous consumidores.
O peto manda. Cos prezos un catro medio por cento máis caros que o anos pasado cae o gasto. E faino por segundo ano consecutivo ata situarse nunha media de 175 euros fronte aos 182 de 2025. Con todo, sete de cada dez galegos pensa mercar no Black Friday.
"Xa estamos mirando agora para ese día. Sacamos fotos e ese día mercamos". "Aproveito para adiantar compras de Nada, roupa, xoguetes e electrónica", din dúas consumidoras
As empresas buscan adaptarse a un contexto de menor capacidade adquisitiva e á suba dos custos para manter a rendibilidade dos seus negocios.
"Antes liquidábanse cousas. Había descontos moi bos que se facían nese día. Agora cada vez menos. Os fabricantes están agardando para sacar unhas pequenas ofertas que case están todo o ano", explica un comerciante.
As previsións do mercado laboral apuntan á creación duns 6.000 postos de traballo desde agora ata a campaña de rebaixas.